|
ASOCIACION
SINDICAL GALLEGA DE MATRONAS.
CONSTITUIDA O DÍA 17 DE DECEMBRO DE 1984 |
||
![]() |
||
A
Asociación S. Gallega de Matronas foi constituída
o 17 de Decembro de 1984 en A Coruña, promovida e representada
por Rosalina Celada Juan como Presidenta, Elvira Comesaña
Castro (Vicepresidenta), Yolanda Goyanes Carro (Secretaria), Mercedes
Vazquez García (Tesoureira ), e como vocais : Felisa Otero
Otero, Josefina Carracedo Prado, Mª Blanca Bravo López
y Pilar Alaez Couceiro.
Foi
expedida en A Coruña e rexistrada na Consellería
de Traballo, Seguridade Social e Emigración, actualmente
Consellería de Xustiza Interior e Relacións Laborais.
E unha entidade sen ánimo de lucro, que está formada
por profesionais con Título de Matrona ou Enfermeira Obstétrico-Ginecolóxica
.
A Asociación naceu como unha experiencia
ilusionada e pioneira no ámbito español tras a desaparición
do Colexio de Matronas, que fixo que perderamos a nosa representación
nas estructuras sanitarias. Dende entonces sentimos a falta de
apoio e representación por parte das Organizacións
Colexiais e Sindicais, consecuencia en gran parte, dos problemas
das Matronas nos últimos 20 anos.
A día de hoxe, a publicación desta
páxina, confirma que a súa existencia despois de
21 anos non só é útil, senón que xa
se converteu en algo necesario para manter representadas e unidas
ás Matronas Galegas.
O presente da Matrona en Galicia, quizais se
resuma no pouco recoñecemento que ten esta profesión,
pero pouco a pouco, o noso traballo vaise acomodando ós
novos tempos e gracias a laboura dun amplo número de Matronas,
temos demostrado que estamos preparadas para asumir o Programa
da Muller, a pesar de que as nosas funcións están
mediatizadas e incluso cuestionadas por algún estamento
médico.
A
nivel lexislativo existe unha normativa que regula as directrices
para a formación e funcións da Matrona nos países
membros da Unión Europea e a nivel Nacional, polo que coa
nosa vontade, coñecementos e determinación, temos
que seguir loitando polo que somos e creemos que temos dereito,
xa que ninguén o fará por nós. Somos poucas,
pero estamos medrando e queremos ocupar o lugar que merecemos.
Sede: Rúa/ Costa Rica 5 - 4 Planta Comercial de A Coruña.
Telf. 981-16.00.63
Fax. 981-14.82.69
Correo electrónico:
